Asociación de Sendeirismo Ecolóxica e Cultural “A Corredoira”

A 2ª Andaina do Concello de Barbadás, celebrarase o Sábado 25 de Setembro de 2010 a partir das 9 horas, con saída do Parque da Liberdade e chegada a Os Carrís en A Valenzá. O percorrido será de 22,2 Km e discorrerá por Sobrado do Bispo, Monte O Castro, Loiro, Bentraces, As Lamas e A Valenzá, atravesando a proba lugares que proporcionan á Andaina un espírito de sosego e paz.

Rutas de dificultade media, dirixidas por un guía profesional, excelente coñecedor da zona, que nos explicará a fauna, a flora, anécdotas, tradicións, etc.
- Ruta dos cantís ou das algas. O guía recomenda expresamente levar bastón.
- Ruta do río Mera.

Prezo: 125 € (socios), 135€ (non socios), a pagar no momento de anotarse. Inclúe o precio do guía, o bus e a media pensión no hotel Orillamar, en 1ª línea da praia. Almorzo de buffet e cea especial o sábado.

Prazo pra apuntarse: do 10 ó 16 de outubro (na tenda da Sabela ou con calqueira membro da Directiva). Nº máximo de participantes: 30

Saída: ás 18 h. do venres, do Parque de S. Lázaro.

Imaxes da ruta Cristoble – San Ginés (Concello da Peroxa).

- Diríxena o Javier Montes e o Alfonso, ten 20 kms. e a dificultade é baixa.

Clic aquí para ver as imaxes

 

Data: domingo, 5 de setembro de 2010

Hora: A sáida para os pitufos ás 10.00,

para os rapaces ás 10.30

Ruta pola Ribeira Sacra (Concellos de Castro Caldelas, A Teixeira e
Parada do Sil.
- Ten 20 kms., a dificultade é media-baixa e estará dirixida polo Isaac e polo Cholo.