Main menu

Actividades

¡ATENCIÓN!: xa que son moi cerca, nas tres primeiras andainas sairemos  ás 10 h., pero non pararemos pra tomar o café.

 15 de xaneiro: tirada polo concello de Gomesende. 17 kms. Dificultade media. Diríxea o Xoán. Recordade que saímos ás dez!

29 de xaneiro: ruta polo concello da Merca. Diríxena a Isabel e o Juanjo. 19 kms. Dificultade baixa. ¡Recordade que saímos ás dez!

Sábado, 11 de febreiro: COMIDA HOMENAXE Ó CHICHO OUTEIRIÑO, no restaurante-cafetería do Liceo (Lamas Carvajal), ás 14.30 h.

  • Prezo: 22 € (socios) e 27 € (non socios)
  • ¿Onde apuntarse? Cos membros da Directiva. Obrigatorio pagar no momento de apuntarse.
  • Prazo pra apuntarse: ata o mércores, día 8. Ese día estaremos na Casa da Xuventude de 20 a 21.30 h.

 

12 de febreiro: Leiro – Ribadavia.  Dirixida pola Mency e a Fina Orge. 18 kms. Dificultade baixa. Recordade que saímos ás dez!

26 de febreiro: Xordos – A Saínza (3ª etapa da Vía Nova). 22 kms. Dificultade media-baixa. Os guías serán a Marián e o Xabier.

12 de marzo:  Miradores de Pedra Belha e das Rocas, cascatas do Arado e de Tahití. (Parque do Gêres). 15 kms. Dificultade media-baixa. O guía será o Isaac.

Venres, 24 de marzo: ASEMBLEA ANUAL ás 20.30 na Casa da Xuventude.

Orde do día:

  1. Lectura da acta da asemblea anterior.
  2. Presentación das contas anuais
  3. Avisos, rogos e preguntas.
  4. Eleccións á Xunta Directiva.

Eleccións á Xunta Directiva:

  • O prazo pra presentar candidaturas é do 27 de xaneiro ó 27 de febreiro.
  • As candidaturas deberán ser listas pechadas formadas por oito membros: presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e catro vogais.
  • Os requisitos para poder formar parte dunha candidatura son: ser socio, maior de idade e ter ó día as cuotas.
  • As candidaturas presentaranse perante a actual directiva e serán publicadas na nosa páxina web unha vez rematado o prazo de presentación.

 26 de marzo:  Senda do Ulla (concello de Touro). 25 kms. Dificultade baixa. Diríxena  a Sabela Canitrot e o Juan. ¡Atención ó cambio de hora!: saímos  ás nove pola hora nova.