Xa estamos de volta, un ano máis, para dar comezo ás nosas actividades de sendeirismo.
Aquí vos deixamos o primeiro boletín da temporada para que lle botedes unha ollada e vaiades preparando a mochila e as botas. Esperámosvos!!
1º BOLETÍN DA TEMPORADA 2026-2027

27 DE SETEMBRO: Triacastela- Sarria. 18 km. Dificultade media-baixa. Guía: Xoán
10-12 DE OUTUBRO : FIN DE SEMANA EN OSEJA DE SAJAMBRE (PICOS
DE EUROPA).
Tres andainas dirixidas pola Sesé e a Reyes
- Sábado: Valdoré – Las Salas. 11 km. Dificultade baixa.
- Domingo: Soto de Sajambre – Amieva. (senda do Arcediano, 2ª
etapa). Dificultade alta. 16 km. - Luns: Porto do Pontón – Soto de Sajambre (senda do Arcediano, 1ª
etapa). 13 km. Dificultade media – baixa. - Saída: o sábado, ás 9.00 h.
- Prezo: Inclúe o bus e a media pensión en habitacións con baño:
individuais (300 €) e dobres (210 €). Podedes pagar en man ou por
medio dunha transferencia á conta ES41 2080 0464 3130 4000 4957 - Prazo pra apuntarse: dende o sábado 26 de setembro, ás NOVE da
mañá, ata completar as prazas.
25 DE OUTUBRO: Camiño do Monxe: Maceda – Montederramo (VI etapa). 21km. Dificultade media. Guía: Xabier.
8 DE NOVEMBRO: fraga e miradores do río Navea (concellos de San Xoán de
Río e Trives). A guía será a Fina Sotelo.
22 DE NOVEMBRO: MAGOSTO EN ANTAS DE ULLA
- Pola mañá, andaina duns 10 km. a carón do río Ulla (balneario de
Frádegas e torrentes de Mácara), de dificultade media-baixa, guiada
polo Xoán. - Xantar no restaurante “As Canteiras”.
- Prezo: 25 € (socios) e 40 € (non socios). Inclúe o bus e o xantar. Hai que pagar no momento de apuntarse. Podedes pagar en man ou por transferencia.
- O mércores día 18 será o último día pra apuntarse.
6 DE DECEMBRO: ruta do río Barragán (concello de Pazos de Borbén). 18 km.
Dificultade media-baixa. Guiada pola Isabel Caride e a Marisol.
20 DE DECEMBRO: Ríos Deva e Crespos e mirador de San Xusto (concello de
Pontedeva). 18 km. Dificultade media. O guía será o Juan.
RECORDADE: o día pra apuntarse ás andainas dos domingos é o venres.
A hora de saída é ás nove se non se indica expresamente outra hora













