Main menu

25 de xuño: BODAS DE PLATA DA CORREDOIRA, EN MUROS

  • Pola mañá, andaina duns 10 kms. dirixida polo Xoán. Dificultade baixa.
  • Ás 14.30, xantar nun restaurante do pobo. Pola tarde, praia
  • Regreso ás 20 h.
  • Prezo: 22€ (socios) e 36€ (non socios, 27€ se non usan o bus), a pagar no momento de apuntarse. Inclúe o bus e a comida.
  • A data tope pra apuntarse é o mércores, día 21. Ese día estaremos na Casa da Xuventude, no horario habitual

11 de xuño

Cabeza de Meda – Melón de Arriba (Concello de Esgos). 20 km. Dificultade baixa. O guía será o Isaac.

28 de maio

Ruta dos penedos de Oulego (concello de Rubiá). 22 kms. Dificultade baixa. Diríxena o Juan e o Manolo González.

14 de maio

Senda do Ulla (concello de Touro). 22 kms. Dificultade media.Diríxena a Sabela Canitrot e o Juan.

28 abril – 1 maio: FIN DE SEMANA EN TEVERGA (ASTURIAS).

– Venres, 28: saída do Parque ás 17.00 h. Cearemos polo camiño.
– Sábado, 29: Ruta do Oso: é unha ruta llana, pero totalmente cementada. Hai a posibilidade de facela a pé (20,5 kms.) ou en bici (26 kms.). O alquiler da bici costa 20-22 €.
– Domingo, 30: ruta do faiedo de Montegrande: 9 km. (baixa) ou 13 km. (media), a elexir. Visita ó Parque da Prehistoria (3,50 €).
– Luns, 1: ruta do desfiladeiro das Xanas: 9 km. (media). Visita a Cuev Huerta (2,50 €; mínimo 10 persoas). Xantar típico asturiano: 16 €

  • Os guías serán o Juan e o Manolo González.
  • Todas as actividades son opcionais. Se pensades facer a ruta en bici, ir á comida asturiana ou ás visitas, tendes que dicilo no momento de anotarvos, pois hai que reservar con antelación.
  • Precio: 110 € (socios) e 130 € (non socios). Inclúe o bus e a media pensión. Non inclúe a cea do venres, nen o xantar do luns, nen o alquiler da bici nen as visitas.
  • Data límite pra apuntarse e pagar: o domingo, 23 de abril. Terán
    preferencia os socios sobre os non socios.

23 de abril

Ponte da Lima – Valença do Miño. 22 km. Dificultade baixa. O guía será o Cierna.

9 de abril

Miradores de Pedra Belha e das Rocas, cascatas do Arado e de Tahití. (Parque do Gêres). 15 kms. Dificultade media-baixa. O guía será o Isaac.

24 e 26 de marzo

Venres, 24 de marzo: ASEMBLEA ANUAL ás 20.30 na Casa da Xuventude.

Orde do día:

  1. Lectura da acta da asemblea anterior.
  2. Presentación das contas anuais
  3. Avisos, rogos e preguntas.
  4. Eleccións á Xunta Directiva.

Eleccións á Xunta Directiva:

  • O prazo pra presentar candidaturas é do 27 de xaneiro ó 27 de febreiro.
  • As candidaturas deberán ser listas pechadas formadas por oito membros: presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e catro vogais.
  • Os requisitos para poder formar parte dunha candidatura son: ser socio, maior de idade e ter ó día as cuotas.
  • As candidaturas presentaranse perante a actual directiva e serán publicadas na nosa páxina web unha vez rematado o prazo de presentación.

 26 de marzo:  Senda do Ulla (concello de Touro). 25 kms. Dificultade baixa. Diríxena  a Sabela Canitrot e o Juan. ¡Atención ó cambio de hora!: saímos  ás nove pola hora nova.                      

12 de marzo

Miradores de Pedra Belha e das Rocas, cascatas do Arado e de Tahití. (Parque do Gêres). 15 kms. Dificultade media-baixa. O guía será o Isaac.

26 de febreiro

Xordos – A Saínza (3ª etapa da Vía Nova). 22 kms. Dificultade media-baixa. Os guías serán a Marián e o Xabier.